A carreira solidaria ‘Ponle Freno’ volve a Pontevedra para concienciar sobre a seguridade viaria

PONTEVEDRA> A carreira Ponle Freno volve escoller Pontevedra como sede para unha das súas convocatorias. O vindeiro 18 de xuño ás 9 e media da noite celebrarase a cuarta edición desta proba, que mestura o deporte de elite coas opción amateurs. O obxectivo un ano máis é recadar fondos para a Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espiñal.

Pontevedra será por cuarto ano sede da carreira Ponle Freno. A proba chegará á cidade o vindeiro 18 de xuño.

A carreira comezará ás 9 e media da noite, con saída e meta na Praza do Concello. Este ano haberá un cambio de trazado e gran parte do circuíto transcorrerá pola Xunqueira de Alba con dúas opcións: 5 ou 10 quilómetros. Ademais, son benvidos todo tipo de participantes, dende atletas profesionais ata deportistas amateurs ou familias.

E é que o obxectivo principal da carreira Ponle Freno é recadar fondos, que nesta edición se destinarán á Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espiñal.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de xuño, cun custo de 5 euros que se destinarán íntegramente ao colectivo de afectados por lesións medulares. Ademais, os organizadores habilitan a opción de facer doazóns a través da fila cero.