O Concello de Poio entrega unha medalla a todos os que estiveron en primera liña durante a pandemia

POIO> O Concello de Poio recoñeceu hoxe o labor realizado polos diferentes departamentos e persoal municipal ao longo de toda a pandemia. O goberno local entregou un obsequio conmemorativo aos membros da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, do Servizo de Axuda no Fogar e de Servizos Sociais.

Con estas medallas, o Concello de Poio quixo recoñecer hoxe o labor realizado polos diferentes departamentos e áreas municipais ao longo de toda a pandemia. Un obsequio conmemorativo que foi entregado a todos aqueles que traballaron dende o inicio da crise sanitaria en primeira liña.

No acto estiveron presentes os representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, dos Servizos Sociais, do Servizo de Axuda no Fogar e da Policía Local. Xustamente o xefe deste último corpo agradecía así hoxe este obsequio do Concello.

O alcalde, Luciano Sobral, recibiu tamén unha medalla. Un obsequio que representa a todo o persoal do Concello de Poio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí