O Carlos Oroza inaugura a súa aula de I+D

Pontevedra> O conselleiro de Educación inaugurou esta mañá os obradoiros de pastelería e panadería e a aula de I+D do Carlos Oroza. Un acto onde Román Rodríguez destacou o alto nivel da hostalaría na nosa comunidade e tamén a importancia dos ciclos formativos. Os asistentes a este acto puideron ademais asistir a un showcooking do cocido galego protagonizado por dous ex alumnos deste centro. O Carlos Oroza vestíuse de longo nesta xornada coa inauguración por parte do Conselleiro de Educación dos obradoiros de pastelería, panadería, bombonería e tamén a aula de I+D. Román Rodríguez quixo destacar na súa intervención a importancia dos ciclos formativos, de ciclos de tan alto nivel como os que posúen no Carlos Oroza. E o conselleiro tamén descatou o alto nivel que na hostelería temos na nosa comunidade a día de hoxe grazas a centros como o Carlos Oroza Unha cita onde os asistentes puideron degustar e desfrutar dun Showcooking de cocido, realizado por Rubén González, ex alumno do centro, e Diego López colaborador deste espazo. Dous chefs que realizaron unha versión moderna do cocido tradicional. É a época de ver cocidos e de degustalos. Dende hoxe o CIFP Carlos Oroza contará con esta aula de I+D que pemitirá dar un chanzo máis no eido da innovación a este centro pontevedrés. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/aula_innovacion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/aula_innovacion.mp4{/flowplayer}