Sae a licitación a última fase do Centro Social Multiusos de Carreira

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou da licitación das obras para a finalización do Centro Social Multiusos de Carreira, por un importe de máis de 266 mil euros. A actuación será financiada integramente pola Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Acción Social. As obras incluídas nesta fase permitirán rematar o dito inmoble, que será destinado á realización de actividades de ámbito local e outras propostas dos veciños desta parroquia. Segundo o publicado xa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña no día de onte, as empresas interesadas en facerse con esta actuación dispoñen de 26 días naturais para a presentación de ofertas.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí