O torneo cúbico aunará fútbol, baloncesto e voleibol en Noia

NOIA> Fútbol Sala, Baloncesto e Voleibol daranse cita o sábado 28 de decembro en Noia. Será no torneo cúbico organizado polo colectivo xuvenil La Grotta en colaboración co concello.

Este evento deportivo xurde co obxectivo de fomentar o deporte no municipio, concentrando nun mesmo día e lugar as tres modalidade con máis afección en Noia.

Ademais das competicións que darán comezo ás dez da mañá no pavillón municipal Agustín Mourís haberá exhibicións de taekwondo, kickboxing e boxeo. Contarán ademais coa presenza dunha mascota encargada de interactuar co público con espectáculos de animación.

O peche da xornada terá lugar ás once da noite cando se procederá á entrega de trofeos, elaborados por usuarios da asociación A Misela.

Tamén haberá premios en metálico para os tres primeiros clubs clasidicados de trescentos, cento cincuenta e cincuenta euros respectivamente.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí