RIBEIRA> A Xunta reclámalle agora ó Concello unha serie de informes nos que se deben introducir cambios en materia de Patrimonio, Infraestruturas e Medio Ambiente. A intención do executivo era levalo proxecto este mes a pleno para a súa aprobación.
O proxecto de ampliación de Xarás, unha vella aspiración do goberno municipal e tamén do empresariado da zona, sufre un novo retraso. A Xunta de Galicia vén de remitirlle ó Concello un escrito no que solicita a introdución dunha serie de cambios no documento base antes da súa aprobación, que afecta ás áreas de Patrimonio, Infraestruturas e Medio Ambiente.
Os servizos técnicos municipais xa están a traballar na incorporación destes cambios apuntados pola Administración Autonómica. A intención do executivo local non era outra que tratar de levar o proxecto para a súa aprobación ó pleno ordinario deste mes de novembro, e avanzar xa cara o inicio das obras de urbanización do parque empresarial, pero finalmente o proxecto deberá agardar ata a conclusión dos informes.