Complicase o saneamento do Polígono de Nantes

    SANXNEXO> Augas de Galicia non autoriza a conexión do polígono industrial de Nantes a EDAR de Dena. Gonzalo Pita, alcalde de Sanxenxo, afirmou esta mañá en rolda de prensa que continuarán traballando para dar solución a estes contratempos que xorden na posta en marcha deste polígono, xa que segundo el mesmo afirmou, é unha das prioridades deste goberno. A depuradora de Meaño non pode asumir o caudal que xeraría o saneamento do polígono de Nantes en Sanxenxo. Unha afirmación que centra o informe desfavorable que emitiu Augas de Galicia sobre a conexión do polígono industrial de Sanxenxo, coa EDAR de Dena. Un primeiro informe que chega trala firma do convenio co Concello de Meaño. Unha negativa que sorprendeu no consistorio da vila. O tripartito non entende como si que existe un informe favorable do ano 2005, e agora dicir que se saturaría, cando non houbo un incremento de poboación significativo nestes anos. Pita xa adiantou a Augas de Galicia que o concello solicitará unha revisión do informe. TOTAL Cabe sinalar que este non é o informe definitivo, pero si un paso previo. A pesar deste contratempo, o consistorio da vila auditará todo o expediente relacionado, co obxectivo de atopar calquera neglixencia que se tivera producido na tramitación do mesmo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/23/saneamento_sanxenxo_pita_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/23/saneamento_sanxenxo_pita.mp4{/flowplayer}