![]()
SANXENXO > Outro dos protagonistas de esta xornada foi o Pazo de Quintáns. Roberto Fernández Lores , candidato do BNG á alcaldía de Sanxenxo, e David Otero, concelleiro da mesma agrupación, denunciaban esta mañá o estado deste fermoso pero desvencellado enclave.
O paso de tempo non ha tratado ben ó Pazo de Quintáns, en Noalla. A pesar do aspecto do inmoble e por incrible que parezca fai menos dun ano que os antigos donos vivían aquí. Agora o pazo é propiedade do Concello de Sanxenxo e dende o BNG queren facerse eco da ,segundo eles, pasividade do goberno de Sanxenxo con este lugar.
O candidato do BNG apuntou que o Pazo de Quintáns non é o único lugar en estas condicións e recordou que a Casa de Don Fernando de Portonovo tamén se encontra nunha situación semellante. Os dous membros do BNG aseguraron que o proxecto do PP de que o Pazo albergue o Museo da Sal non é axeitado pero polo momento tampouco aportaron ningunha iniciativa.
Redacción Salnés







