Queres a receita para facer as mellores orellas e filloas este entroido?

    Se hai algo que entra inevitablemente nas nosas casas por estas datas e nos indica que xa chegou o carnaval, son os postres tradicionais do entroido: as orellas e as filloas. Para os que a estas alturas aínda non teñan clara a receita, hoxe coñecemos tódolos trucos da man dun experto reposteiro. Nesta terra nosa hai dous tipos de persoas, as que polo entroido son máis de orellas, e as que pola contra, decántanse polas filloas. Cal é o seu caso? Sexan filloas ou sexan orellas, aquí nestas datas non hai casa na que despois dun prato lixeiro como é o cocido non se saque a bandexa con destes doces de entroido. E por iso, nesta Confitería Vilas Blanco da Pobra, vanos dar tódolos truquiños para que este carnaval sexamos os triunfadores da sobremesa…Que aínda non se atreveu a poñer as mans na masa…Moi atentos! El é Carlos Vilas, e éste o seu obradoiro. Comezamos coa orellas. Cales son os nosos ingredientes? E a mesturar todo na batedora. Unha vez que a masa ten a textura adecuada, chega a parte máis laboriosa das orellas. E listo. Agora agardar a que enfríen…para botarlle o azucre. E como hai para tódolos gustos, agora as filloas. Ingredientes? Carlos acláranos tamén, polo menos aquí na Pobra, cal é o doce de entroido favorito. Non hai dúbida. Unha vez listas, tanto orellas como filloas, só nos queda a mellor parte, saborealas e en boa compañía este entroido.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí