Entidades e institucións asinan a súa colaboración coa Cidade Europea do Viño

    CAMBADOS> O concello de Cambados acolleu esta mañá a sinatura do convenio polo que varias institucións comarcais e autonómicas colaboran co goberno local con motivo do nomeamento da vila como Cidade Europea do Viño. Off. Trátase dun convenio de colaboración, que non ten porqué implicar aportacións económicas, pero que suporá a unión de diversas institucións, locais, comarcais e autonómicas, co obxectivo de dar pulo ó nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017. Representantes da FECA (Federación Comarcal de Empresarios de Arousa), de Cambados Zona Centro, da Mancomunidade do Salnés, do Capítulo Serenísimo do Albariño, e do resto de partidos políticos do concello, asinaron esta mañá no concello o convenio que levará ós presentes a reunirse unha vez ó mes. Para os comerciantes e hostaleiros de Cambados este convenio é unha fantástica idea, sempre que se traballe e se leve á práctica, e non quede soamente nunha sintura. Os empresarios da comarca vén moi positiva a unión das institucións, aínda que sexa de forma consultiva. O convenio coa Deputación de Pontevedra xa está asinado, en breves faráse o mesmo co representante da Xunta de Galicia, e nas próximas semanas cos de Ruta do Viño e do Consello Regulador de Denominación de Orixe Rias Baixas.