Pontevedra converterase na capital do café do 11 ao 14 de maio

Pontevedra> Pontevedra acollerá o Campionato Nacional de Baristas dende o 11 ao 14 de maio. Unha cita que da que sairán os finalistas que representarán a España nos campionatos mundiais. Stands, degustacións, demostracións, coloquios e a propia competición son soamente algunhas das actividades que nos achegará este evento. Pontevedra será a capital do café durante os días 11,12,13 e 14 de maio.Xa que ao longo desas xornadas a cidade do Lérez acollerá o Campionato Nacional de Baristas. Unha cita organizada pola Specially Coffe Association que contará con stands, degustacións, demostracións, coloquios e os campionatos nas modalidades de Barista, Latte Art, Brewer, Toste, Cata e Coffe in Good Spirits. Deste evento sairán os finalistas de España que irán aos campionatos mundiais. Trátase da feira máis importante do café que se realiza no noso país. Dende o concello están encantados de recibir un evento destas características. Un evento que ten como fin potenciar e dar a coñecer a cultura do café. A entidade organizadora fixouse en Pontevedra por ser unha cidade con capacidade de sacar á xente á rúa. Unha feira que mobiliza ano a ano a milleiros de persoas. Un evento, en definitiva, positivo para a cultura do café e para os amantes desta bebida e tamén propicio para a economía pontevedresa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/23/baristas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/23/baristas.mp4{/flowplayer}