Agora é o PSOE o que tamén di non aos ozamentos do Goberno Local

Pontevedra> Parece que a aprobación dos orzamentos de Pontevedra é misión imposible. Se primeiro foron os do PP os que dixeron non, agora tamén se unen os socialistas. Esta mañá mantiveron unha reunión PSOE-BNG na que xa quedan pechadas as negociacións. Segundo o voceiro socialista, o Goberno Local non aprobou ningunha das propostas que puxeron enriba da mesa, co cal, teñen claro que, de momento o seu voto será non. 

 

A aprobación do orzamento complícase para o Goberno Local. Se primeiro foi o PP o que dixo non agora tamén di non o PSOE. BNG-PSOE mantiveron hoxe a segunda e última reunión co fin de chegar a un acordo. Pero ao remate deste encontró Agustçin Hernández xa dixo que o Goberno Local non quixo chegar a valorar ninguna das propostas dos socialistas. Para o voceiro do PSOE trátase dun acto de soberbia onde o BNG parece que ainda non se da conta que Goberna en minoría e precisa o apoio ou abstención dalgún partido. 

O non do PSOE non é definitivo… quedan as comisión de facenda, pero Agustin Hernández ten claro que moito ten que cambiar o conto para que muden no seu voto. Pola súa banda dende o Goberno Local dixeron esta mañá que as propostas dos socialistas non teñen nada que ver co orzamento por iso non as analizaron como tal. 

Raimundo agarda que o sentidiño cheugue ao pleno xa que segundo dixo ningún partido presentou ningunha proposta a estas cifras. 

De momento o Goberno Local conta coa negativa de toda a oposición, así que terán que comezar a mover ficha porque con este panorama non se aproban os orzamentos antes de finais de ano. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/01/non_orzamentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/01/non_orzamentos.mp4{/flowplayer}