A vacina da meninxite B desabastece ás farmacias

Pontevedra> A vacina da Meninxite B desabastece ás farmacias pontevedresas. Dende o Colexio de farmacéuticos da provincia aseguran que a distribución da vacina caeu de maneira considerable. Debido a baixa produción no laboratorio, Pontevedra, contará neste 2017 coa metade de vacinas que no pasado ano. A vacina da meninxite B xamais chegou con normalidade as farmacias galegas dende que se autorizou a súa venda o 1 de outubro do 2015. Na actualidade dende o Colexio de farmacéuticos de Pontevedra din que por un problema de produción do laboratorio que dispensa esta vacina a distribución da mesa reducirase en termos xerais o 50 por cento. Neste 2017 dispensaranse a metade de vacinas da meninxite B que no pasado ano. Trátase dunha nova que crea alarma na sociedade. Pero dende o Colexio de Farmacéuticos mandan unha mensaxe de tranquilidade e insisten en lembrar que se trata dunha vacina de prevención. As idades máis recomendadas para comezar coa vacina da meninxite B é de 0-2 anos, seguidos dos pequenos de 2-5. Os maiores de 5 anos teñen unha probabilidade moito inferior de padecer esta enfermidade. Dende as farmacias dan preferencia a segunda dose da vacina para que o pequeno teña unha continuidade. Dependendo do mes ou ano no que comece estamos falando de 4 ou 3 doses necesarias. Ademais dende este colexio de farmacéuticos tamén lembraron que o SERGAS sempre garante a vacina aos grupos de risco. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/23/vacina_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/23/vacina.mp4{/flowplayer}