O PP de Sanxenxo considera que o tripartito non merece os soldos que gañan

    SANXENXO> O PP de Sanxenxo acusa ao goberno actual da vila de incumprir o pacto de goberno no que se establecía, que os membros do cuatripartito reducirían os seus salarios entre un 20 e un 30%. Despois da saída do goberno de Roberto Carlos Agís, os populares afirman que o tripartito continúa sen cumprir a súa promesa electoral e postelectoral. O Partido Popular de Sanxenxo cree que o tripartito da vila cobra demasiado para o traballo que desenrolan. Así o afirmou nunha comparecencia aos medios a edil popular, Silvia Freire. A popular manifestou que o goberno da vila incumpriu as súas promesas de reducir os salarios dos concelleiros entre un 20 e un 30%. Freire recoñeceu na súa intervención, que o estar na metade da lexislatura era necesario facer balance de si os compoñentes do equipo de goberno da vila merecían o que cobraban. Freire afirmou que o PP de Sanxenxo se gobernara rebaixaría o custe dos concelleiros de goberno nun 40%. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/23/pp_sanxenxo_salarios_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/23/pp_sanxenxo_salarios.mp4{/flowplayer}