A USC achega a formación universitaria ós maiores de cincuenta anos

    RIBEIRA> Ribeira acollerá a finais deste mes un curso da Universidade de Santaigo, enmarcado no programa de formación para maiores de cincuenta anos. Trátase dunha iniciativa pioneira que busca achegar ós coñecementos á cidadanía, relacionados co seu propio entorno. ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’. Baixo este título desenvolverase o proxecto de democratización do coñecemento promovido pola Universidade de Santiago que elixiu Ribeira como punto de partida. A partir do vinte e dous de maio, profesores universitarios desprazaranse ata o centro cultural da vila para impartir clases teóricas sobre historia de Galicia e Medio Ambiente. Materias que se poñerán en relación co entorno no que se imparten polo que se realizarán tamén visitas guiadas a puntos de interes como o Dolmen de Axeitos ou o Centro Galego de Acuicultura. Este primeiro curso do programa oferta vinte e cinco prazas de carácter gratuíto. Os interesados xa poden inscribirse nas oficinas de Normalización Lingüística situadas no Centro Cultural Lustres Rivas. O obxectivo deste plan que se desenvolverá en sete comarcas galegas é brindar a oportunidade de acceder á formación universitaria a aquelas persoas que no seu día non puideron. A iniciativa da Universidade conta co apoio dos concellos participantes e a colaboración da Deputación da Coruña.