OUTES> O alcalde, Manuel González, remitiulle unha carta á xerente da área sanitaria de Santiago , Eloína Núñez, pedindo unha solución a este problema, xa que, segundo el, provocará importantes prexuízos para as familias do municipio.
O alcalde, Manuel González, pídelle a Sanidade que se tomen medidas para poder cubrir a praza de pediatra no centro de saúde da localidade cuxa ausencia se prolongará por un período de dous meses. Un problema que, segundo el, ocasionará enormes prexuízos para as familias do municipio, que deberán estar este tempo sen este médico especialista, debendo desprazarse ata outros centros de saúde de fóra do municipio para poderen ser atendidos.
O BNG da localidade tamén se fixo eco desta problemática. A súa voceira, María Xosé Suárez, carga contra a Xunta, que volve a castigar ás zonas rurais con novos recortes de servizos
O BNG ten previsto levar este asunto ó parlamento a través dunha iniciativa parlamentaria, para tratar de buscarlle unha solución a este problema, que afecta de forma xeneralizada a moitos concellos de Galicia.