Os veciños de Campañó presentan as súas alegacións contra a variante de Alba

PONTEVEDRA> Os veciños de Campañó presentaron esta mañá no rexistro da Xunta as alegacións en contra da variante de Alba. En total, máis de 30 alegacións individuais e unha conxunta apoiada por máis de 1.100 firmas. Nelas, os veciños fixeron alusión ao impacto ambiental que produciría este novo trazado e a falta de seguridade vial na parroquia.

Indignados. Así é como se senten os veciños de Campañó. E para demostralo, esta mañá presentaron no edificio da Xunta máis de 30 alegacións individuais e unha conxunta, apoiada por máis de 1.000 firmas.

Os veciños seguen defendendo que hai outras alternativas moito máis viables. De feito, nas alegacións fixeron alusión á variante que sae da PO-531, á altura dun bazar chino e percorre paralelamente a AP-9 ata incorporarse á N-550, fronte ao supermercado Día.

En canto ás declaracións que fixo onte o concelleiro de Infraestruturas, nas que aseguraba que xa se mantiveran conversas cos veciños e plantexaba esta alternativa non como á mellor opción pero si como a única viable, a representante desta asociación respondía así esta mañá.

Os veciños esperan obter resposta ante estas alegacións e aseguran que van a utilizar todas as fórmulas dentro da lei, como manifestacións ou concentracións, para evitar que este proxecto se leve a cabo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí