Máis de 100 quilos de orella protagonizan o Entroido da Boliña

    BOIRO> O campo de Revelar, no lugar boirense da Boliña, celebrou este sábado a súa tradicional Festa da Orella de Porco. Unha exaltación que cada ano organizan os propios veciños e veciñas, na que o único requisito para asistir é saber disfrutar do entroido e da boa comida. Petronilos, filloas, orellas….Pero sen dúbida a protagonista este sábado na Boliña, en Boiro, foi ela, o orella de porco. Este sábado numerosos veciños e veciñas de Boiro e arredores visitaron o Campo de Revelar na Boliña, para asistir á Décima edición da Festa da Orella do Porco. Unha festa na que se incolucran tódolos veciños e veciñas da zona. Aínda que a algúns lle tocou traballar, a maioría dos asistentes gozaron e disfrutaron ó ritmo da verbena. O tempo acompañou nesta ocasión e a festa foi todo un éxito. Veciños chegados desde os planetaqs máis lonxanos non quixeron perderse esta festa que organiza a Asociación de Veciños Río Breiro. Troula, disfraces, moito baile, para os maiores e para os pequenos, mesmo un photocall, pero sobretodo…orella…Unha exaltación que cada ano conxuga o mellor do entroido co mellor da nosa gastronomía.