NOIA> O BNG de Noia denuncia a realización dunha obra sen o correspondente control arqueolóxico. Os nacionalistas refírense a varios treito dunha beirarrúa fronte ó Casino que foron pavimentados con formigón.
O BNG de Noia fíxose eco da falla de control arqueolóxico nunha obra acometida na contorna da antiga muralla medieval. Trátase dunha beirarrúa na que varios treito foron pavimentados con formigón sen ter en conta as directrices que marca o plan de especial protección do casco histórico.
Denuncian dende o BNG que o executivo non consultou coas técnicas da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico, eludindo así as responsabilidades que si se lle esixen ó resto dos cidadáns para acometer unha obra nesta contorna protexida.