A POBRA> Malestar no PP da Pobra ante o uso da praza Alcalde Segundo Durán como aparcadoiro. Critican a falla de planificación do goberno local por non ter habilitado zonas de estacionamento alternativas nestes meses de gran afluencia turística.
A decisión do concello da Pobra de permitir o estacionamento de vehículos na praza Alcalde Segundo Durán para compensar a perda de prazas na explanada portuaria por mor das festas non foi ben recibida polo Partido Popular. Acusan ó executivo de falla de previsión por non ter habilitado a tempo outras parcelas como aparcadoiro alternativo.
Poñen como exemplo da mala planificación o alugueiro dunha parcela na zona dos Areais que permanece inoperativa pola falla de acondicionamento.
Entenden dende o PP que o goberno municipal debería apostar pola peonalización dos espazos públicos en lugar de permitir o acceso rodada a unha zona de lecer e esparexemento dos veciños.