A Deputación non financiará mediante convenio a piscina de Vilanova

    VILANOVA> A Deputación de Pontevedra non financiará unha piscina municipal para Vilanova. Os votos de BNG e PSOE foron suficientes para botar abaixo a moción que solicitaba a súa construción en O Terrón con fondos provinciais, presentada polo Partido Popular. O alcalde vilanovés atacou ao deputado e edil socialista Javier Dios, ao que acusou de traizoar ao concello. Os votos de BNG e Partido Socialista foron suficientes para botar abaixo a moción no pleno provincial que pedía a construción dunha piscina municipal en Vilanova de Arousa. Os populares solicitaban que se realizara con cargo a fondos provinciais coa sinatura dun convenio específico. No pleno de Vilanova, foran os socialistas os que plantexaran a construción da piscina, aínda que apostaban por empregar fondos do plan concellos provincial. O alcalde vilanovés e varios dos seus concelleiros non quixeron perderse o pleno. Trala sesión, Gonzalo Durán non ocultaba o seu enfado, especialmente co deputado socialista e edil en Vilanova Javier Dios, ao que acusaba de traizón. Durán acusouno de votar en contra dos intereses dos veciños, primando a postura partidista. Iso si, asegurou que Vilanova seguirá adiante coa construción da piscina. Dios, pola súa banda, insistiu en que se pode executar con cargo ao plan concello. O edil e deputado socialista recordou que con este novo goberno da Deputación de Pontevedra Vilanova recibiu case 1,4 millóns de euros nestes dous anos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/24/pleno_depo_piscina_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/24/pleno_depo_piscina.mp4{/flowplayer}