Etiqueta Negra pecha a súa 3ª edición con máis de 8.000 visitantes

PONTEVEDRA> Etiqueta Negra pechou hoxe unha nova edición con máis de 8.000  visitantes. A feira do gourmet galego recibiu durante o sábado e o domingo a milleiros de interesados nos produtos expostos. Na última xornada, máis centrada no público profesional e académico, continuaron os obradoiros, as catas e os encontros de negocios.

Rematada a terceira edición de Etiqueta Negra, dende a organización fan un balance positivo no tocante á afluencia de público, tanto xeral coma profesional.

As reunións de traballo tiveron lugar tanto nos espazos reservados coma na propia zona expositiva.

O Salón do Gourmet Galego acolleu numerosas actividades, coma showcookings, obradoiros ou charlas.

Esta última xornada estaba máis dirixida a profesionais e estudantes, para favorecer as sinerxías comerciais e a relación dos alumnos co sector no que traballarán no futuro.

Os expositores amosáronse contentos co acadado nesta feira, que xa apuntan nas súas axendas coma cita obrigada.