Comeza a segunda edición do curso de mestres composteiros

Pontevedra> A presidenta e vicepresidente da Deputación de Pontevedra foron os encargados de inaugurar o segundo curso de mestres composteiros. Vinte aspirantes forman parte desta segunda promoción que este luns comezaron os seus estudos no Príncipe Felipe. O obxectivo non é outro que converterse en persoal especializado en compostaxe. Vinte aspirantes forman parte da segunda promoción d mestres composteiros. Todos eles comezaron os seus estudos no Príncipe Felipe nesta semana. O obxectivo, converterse en persoal especializado en compostaxe. Estes estudantes encargaranse do mantemento das instalacións comunitarias que se espallarán polos concellos da provincia dentro do Plan Compost Revitaliza, e tamén participarán nas plantas comarcais de compostaxe que xurdan. Dentro deste curso, que rematará no mes de maio, está garantida a incorporación dos quince alumnos que acaden as mellores notas, se ben tamén está previsto que os restantes se incorporen ao proxecto a medida de que se vaian instalando máis composteiros da Deputación pola provincia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/composteiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/04/composteiros.mp4{/flowplayer}