Todo preparado en Poio para o cribado ao que están convocados 8.000 veciños

POIO> Todo preparado en Poio para o cribado masivo ó que están convocadas 8.000 persoas. Están chamados a participar os veciños de entre 15 e 65 anos que teñan o médico na localidade. Están chamadas a participar 8.000 persoas de entre 15 e 65 anos que teñan o médico nalgún dos 3 centros de saúde da localidade. No Concello hai polémica, por deixar fóra destas probas ós maiores de 65 anos e tamén a aqueles veciños que, aínda vivindo en Poio teñen o médico noutro punto,como pode ser Pontevedra por cuestións de proximidade, como é o caso de moitos veciños de San Salvador ou A Caeira.

Para estas probas Sanidade mobiliza a 15 profesionais, coordinados por un médico. Este equipo encargarase de controla-lo bo desenvolvemento do cribado e recolle-las mostras de saliva que se lle solicitarán ós participantes.

Mañá, entre as 9:30 da mañá e as 19:30 da tarde, os sanitarios entregarán tubos para recollida de mostras de saliva. Esa entrega continuará o domingo co mesmo horario, ó mesmo tempo que se recollerán as mostras dos tubos entregados o día anterior.

Xa o luns  continuará a entrega de tubos entre as 9:30 e as 16:30 horas, que se recollerán finalmente o martes 2 ata as 14:30 horas.

O resultado das mostras, que serán procesadas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, serán comunicados ós usuarios a través de SMS no caso de ser negativos. Os positivos serán notificados de xeito individual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí