PONTEVEDRA> A Asociación Española Contra o Cancro celebrou hoxe unha das súas xornadas máis importantes. Un exército de voluntarios saíu ás rúas para participar na cuestación anual da entidade, e recollendo as doazóns da veciñanza. Todo o recadado contribuirá ás actividades da asociación, como é a investigación, o apoio aos enfermos de cancro e ás súas familias e á prevención.
Máis de 200 voluntarios despregáronse na xornada de hoxe polas rúas de Pontevedra. O obxectivo: conseguir fondos para a Asociación Española contra o Cancro.
Actualmente, o cancro é o problema sociosanitario máis importante no mundo. Un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres padecen a enfermidade. A Asociación Española Contra o Cancro ofrécelles axuda en todo o proceso, incluso co préstamo de material.
Outro dos recursos que ofrece a asociación e un teléfono gratuíto Infocancer, que funciona 24 horas os 365 días do ano, atendido por profeisonais.
Para manter todo este mecanismo en funcionamento, é fundamental o traballo dos voluntarios. Todo un exército de persoas que entregan á asociación o seu ben máis prezado: o seu tempo.
Sole leva colaborando coa asociación máis de 25 anos. Un tempo no que coñeceu numerosos casos de enfermos que deixaron pegada nela.
Por iso a súa vontade de colaborar coa Asociación Española contra o Cancro se mantén firme a pesares dos anos. Apoiando un labor que, insisten dende a entidade, non sería posible sen o apoio de toda a cidadanía.











