O edifico xudicial da Parda estará listo para finais do 2018

Pontevedra> Para finais do 2018 estará listo o novo edificio xudicial da Parda. Unha instalación que entrará en funcionamento, tal e como confirmou o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, a comezos do 2019. Esta mañá tocou visita oficial para coñecer de primeira man o estado das obras, levan certo retraso, pero dende a empresa construtora comprometéronse a cumprir os prazos. Esta mañá tocou visita do vicepresidente da Xunta e consellerio de Xustiza e do alcalde de Pontevedra para coñecer o estado das obras do novo edifico xudicial da Parda. Unhas instalacións que tal é como confirmou Rueda estarán listas para finais do 2018 e en funcionamento a comezos do 19. Dende o concello de Pontevedra dixeron esta mañá que o importante é ter orzamento e proxectos para a cidade, se as obras se retrasas un mes máis non é algo preocupante. Uns traballos que levan certo retraso debido ao difucultade do firme destes terreos, de momento teñen lista a cimentación e están comenzando co primeiro forxado, que será o soto menos un. Pese as dificultades atopadas nestes meses, dende a empresa agardan poder cumprir os prazos de 23 meses de execución. Con todo, para finais do 2018 este edificio xudicial estará, segundo as previsión, rematado e contará cun investimento de 17 millóns de euros e 25 unidades xudiciais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí