Rueda pide colaboración das Deputacións e dos concellos para a comarcalización do parque de bombeiros

Pontevedra> A comarcalización dos bombeiros de Pontevedra volve a estar sobre a mesa. Esta mañá mantiveron unha reunión en Santiago o vicepresidente da Xunta, representantes das catro deputacións e o presidente da FEGAMP. O obxectivo, que os parques das sete grandes cidades galegas cubran tamén emerxencias nos concellos da súa área de influencia. A comarcalización dos parques de bombeiros é un tema que ano tras ano sae á palestras, pois ben, parece que dende a Xunta queren poñer punto e final a este feito. Esta mañá en Santiago o vicepresidente do Goberno Galego convocou a representantes das 4 deputacións e ao presidente da Fegamp co fin de analizar que os parques das sete grandes cidades galegas cubran tamén emerxencias nos concellos da súa área de influencia. Para levar a cabo esta medida, dende a Xunta de Galicia, din que é necesario implicación económica tanto dos concellos como das Deputacións provinciais. Rueda dixo esta mañá que a Xunta está disposta a achegar a súa parte no financiamento destes parques comarcais dende o 1 de xaneiro, ao incluír unha partida de 1,7 millóns de euros nos orzamentos do 2018 para este fin. O vicepresidente agarda que tanto as Deputacións como os concellos estean tamén dispostos a colaborar economicamente con esta medida.