O mal tempo continuará polo menos ata o luns

    VILAGARCÍA> O mal tempo continuará a lo menos ata o luns. Na xornada de onte o tempo foi inestable, obrigando nalgunhas localidades a suspender os seus desfiles de Martes de Entroido. Hoxe a situación é moi similar, e na rúa parece non importar, como se soe dicir: “e se chove que chova”. Unha borrasca situada ao norte de Escocia parece ser a causante do mal tempo que estamos a vivir estes días. A pesar diso aquí, os galegos parece que xa o temos asimilado. Unha inestabilidade que a lo menos durará ata o luns, pero que costa asimilar despois do “previo de primavera” que gozamos hai uns días. Tamén hai de quen lle pon ao mal tempo boa cara E de quen se acorda dos que traballan toda a semana e fan plans para a fin de semana, chóvelles. O único que está claro é que en Galicia: “ao mal tempo boa cara”. A comunidade continuará baixo a influenza de baixas presións durante toda a fin de semana. A pesar diso é probable que a partir do luns o tempo experimente unha leve melloría, ata entón; chuvasqueiro e paraugas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/01/mal_tempo_arousa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/01/mal_tempo_arousa.mp4{/flowplayer}