As tapas e a decoración dos escaparates completarán a LI Exposición da Camelia

    VILAGARCÍA> No mes de marzo, Vilagarcía aspira a ser a sé internacional da camelia. Os días 14 e 15, a capital arousá organizará a edición 51 do seu Concurso-Exposición dedicado a esta flor, que este ano por primeira vez celebrarase en Fexdega. O concello contará coa colaboración de Ahituvi e Zona Aberta para facer actividades paralelas a esta feira, na que calculan que participarán uns 40 expositores.

     

    A camelia volverá a centrar os ollos dos seus afeccionados en Vilagarcía. O 14 e 15 de marzo celebrará a nova edición do Concurso-Exposición internacional que organiza o concello, e que este 2015 cumpre 51 anos.

    Este ano, a feira trasládase dende a Peixería ata Fexdega. As bases para os participantes serán as mesmas, aínda que a convocatoria deste ano inclúe novidades, como unha exposición, un concerto da Banda de Música, unha charla sobre a Ruta da Camelia e un concurso fotográfico.

    O concello contará coa colaboración de Ahituvi e Zona Aberta. Os hostaleiros prevén a organización dunha ruta de tapas; os comerciantes, decorarán os seus escaparates coa camelia como motivo principal.

    A previsión da organización é que cheguen a participar ao redor de 42 expositores, e as inscricións permanecerán abertas ata o 6 de marzo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/17/expo_internacional_camelia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/17/expo_internacional_camelia.mp4{/flowplayer}