O colexio de Tremoedo estrea comedor escolar

    VILANOVA> O colexio San Bartolomé de Tremoedo organizou este venres unha xornada de portas abertas, para que os pais dos alumnos puidesen coñecer o novo comedor do centro, habilitado grazas a financiamento por parte da Comunidade de Montes de Tremoedo e a colaboración do concello. 

     

    Xornada de portas abertas no colexio San Bartolomé de Tremoedo. Membros da ANPA, da Comunidade de Montes de Tremoedo e do concello de Vilanova, visitaron este venres as novas instalacións, que xa están case completas, para iniciar o servizo de comedor. 

    Unha reforma ca que este centro vilanovés dará un servizo a ANPA do centro xa viña reclamando nos últimos anos. 

    O custe desta mellora ronda os 25.000 euros, que foron aportados pola Comunidade de Montes de Tremoedo, conscientes do problema do descenso de matriculacións. 

    Ademais o concello de Vilanova colaborará facilitando persoal que atenda aos rapaces na hora do xantar. Polo de agora xa hai 32 persoas interesadas en facer uso deste novo servizo, que será explotado por un catering. Este centro ademais porá en marcha o Plan Madruga, unha medida ca que pretenden axudar aos pais e nais que entren antes a traballar, atendendo aos rapaces dende as 9:00 da mañá, con proxeccións de películas e realizacións de actividades. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/xornada_portas_tremoedo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/xornada_portas_tremoedo.mp4{/flowplayer}