VILAGARCIA> O BNG defende un concerto económico para Galicia. Dende Vilagarcía, os nacionalistas defenden que sexa a comunidade a que teña a chave dos seus cartos. Explican que Galicia recada para o Estado uns 15.000 millóns de euros, dos que logo só recibe 10.000 millóns. Apuntan que iso empobrece o país malia a súa gran potencialidade económica. Avanzan unha serie de actos en toda a nosa contorna para explicar esta proposta.
Que sexa Galicia a que xestione os seus cartos, ao igual que Euskadi ou Navarra. O BNG métese de cheo no debate sobre o financiamento das comunidades cunha proposta a prol dun concerto económico propio. Para que Galicia, din, teña a chave dos seus cartos.
Polo que, explican dende o BNG, Galicia perde ao ano 5.000 millóns, o que para eles é un saqueo.
Din que este modelo centralista empobrece a Galicia, polo que propoñen a alternativa do concerto económico.
E acusan ao presidente da Xunta de non loitar por un financiamento xusto para Galicia.
Esta mañá, dende Vilagarcía, avanzaron que organizarán actos pola zona para explicar a súa proposta.
Ao mesmo tempo seguirán defendendo este modelo tanto no Paralmento Galego como nos concellos porque, apuntan, están infrafinanciados por parte da Xunta ao ter que asumir competencias impropias.











