Peña urxe unha reunión con Educación antes do inicio do curso

    comedor_ribadumia100_300708.jpgRIBADUMIA > A alcaldesa Salomé Peña vén de solicitar de novo unha entrevista co delegado provincial de Educación.

    {flowplayer}images/salnes/salome_educacion.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA > A alcaldesa Salomé Peña espera ter pronto unha reunión co delegado da Consellería de Educación en Pontevedra. A rexedora xa solicitara un encontro en maio e inda non tivo resposta, polo que volve a insistir para reunirse con urxencia antes do inicio do curso escolar.

    As subvencións para o comedor escolar é un dos principais asuntos que a alcaldesa de Ribadumia pretende tratar co delegado provincial de Educación. O Concello está molesto polo incumprimento do compromiso feito pola conselleira Laura Sánchez na inauguración do comedor do Julia Becerra Malvar hai dous anos. Daquela dixera que ambas administracións achegarían o 25 por cento cada unha do custo do menú, asumindo os pais só a metade. Salomé Peña di que Educación non dá o suficiente.

    Peña tamén quere falar do transporte adicional necesario para levar ós usuarios do comedor ás casas cando non hai clase pola tarde, gasto que asume íntegro o Concello. Outro asunto son as obras que reclama o claustro escolar: un patio de recreo cuberto, o peche definitivo do recinto ou un centro de reunións, entre outras.

    Redacción Salnés