Novo programa das Rutas do Viño Rías Baixas

Pontevedra> A maxia, a bicicleta en familia e as actividades accesibles son as principais novidades que nos oferta o programa deste 2017 da Ruta do Viño Rías Baixas. A vindeira cita terá lugar o 10 de marzo con motivo do día da muller. Nesa xornada a Denominación de Orixe Rías Baixas ofrecerá unha cata para mulleres no Pazo de Mugartegui. O presidente da Ruta do Viño Rías Baixas destacou esta mañá que máis de 1500 persoas desfrutaron das actividades programadas por esta asociación no 2016. Agora, para seguir nesta senda, traen un novo programa de actividades cheo de contido e novidades. Neste 2017 estas actividades e as súas principais novidades pasarán por unha ruta moi especial, a ruta das estrelas. Ademais neste ano tamén contarán como novidade coa maxia de Pedro Volta, o humor de Quico Cadaval e eventos accesibles para persoas con discapacidade. O fin que buscan con todas estas actividades e achegar o enoturismo a unha variedade mou ampla do público. Achegar a cultura do viño a xente de todas as clases e idades. Unha actividade que se converte nunha promoción directa dos viños da D.O. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/02/ruta_vino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/02/ruta_vino.mp4{/flowplayer}