CAMBADOS> Cambados vestirase de tiros largos o vindeiro 25 de marzo. Día no que arrincará a programación deseñada para abrir os actos da Cidade Europea do Viño, con especial protagonismo das parroquias, e unha gran gala inaugural na Praza de Fefiñáns, na que tradición, musica e cultura farán as delicias dos asistentes. O día 25 de marzo será un día grande en Cambados. E é que este ano tampouco é un ano calquera, é o ano no que Cambados se converteu na Cidade Europea do Viño 2017. Para conmemorar este nomeamento deseñouse un programa que recolle máis de 80 actividades relacionadas co viño que arrincarán o vindeiro día 25. As alboradas nas parroquias darán lugar a unha gran gala nocturna na praza de Fefiñáns, que marcará o comezo das actividade conmemorativas. Tradición, musica e cultura entrelazaranse nunha gala na que actuarán artistas como Rosa Cedrón, Paco Lodeiro ou Susana Seivane. A gala dará comezo as 21:00 horas e terá unha duración de dúas horas. En Fefiñáns haberá dispostas unhas 2.000 cadeiras. O edil de Enoturismo, José Ramón Abal sinalou que lle gustaría que fose un día festivo. Ademais da música a gala contén humor, que correrá a cargo do grupo vigués Abmiran, o broche final porao un espectáculo pirotécnico. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/02/gala_cidade_do_vino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/02/gala_cidade_do_vino.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas








