PONTEVEDRA> Pontevedra segue afiliada á lectura. Se a pasada fin de semana quen ocupaba a praza da Ferrería era BDra Gráfica, a festa da banda de señada, hoxe colleu o relevo a Festa dos Libros. Dende hoxe e ata o domingo os stands dunha ducia de librarías da cidade convivirán cunha intensa programación pensada para todos os públicos.
A carpa instalada na praza da Ferrería volve estar chea de vida. Unha semana despois da Festa da Banda Deseñada, BDra Gráfica, colle o relevo na cidade a Festa dos Libros.
Dende hoxe e ata o domingo os stands de trece librarías da cidade conviven cun intenso programa de actividades. Haberá propostas para os máis cativos, presentacións, conversas, obradoiros e sinaturas de libros. Non en van, pasarán pola carpa un centenar de autores.
Precisamente este bulir de actividade é algo que agradecen as librarías. Levan ata os seus stands os catálogos de títulos que mellor representan as súas esencias. Dispostos a achegarse a un público ao que ás veces costa atraer ata os establecementos.
A Festa dos Libros permanecerá aberta durante toda a fin de semana. Mañá farao de 11 da mañá a 2 da tarde e de 6 da tarde a 10 e media da noite. O domingo o horario será o mesmo, aínda que pechará media hora antes, ás 10 da noite.











