O BNG pon o acento no acoso e na desigualdade que sofren as mulleres no traballo

    BARBANZA> Os nacionalistas impulsan unha campaña co gallo da conmemoración a vindeira semana do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Baixo o lema ‘O acoso é desigualdade, é violencia. Erradiquémolo!’ o BNG da Barbanza desenvolverá este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha campaña que pretende poñer o foco de atención precisamente no acoso laboral e machista que sofren hoxe en día moitas mulleres no seu traballo. Segundo esta formación existen numerosos indicativos que amosan como a igualdade é na actualidade un obxectivo lonxe de conquistar no campo laboral. En Rianxo, concello gobernado polo BNG, levaranse a cabo ademais varias accións conxuntas co Instituto Félix Muriel.