OUTES> Un septuaxenario outense enfróntase a penas que poderían carrexar prisión de tres a seis meses, unha multa de un a dous anos ou a realización de traballos en beneficio da comunidade durante un período de entre 31 e 91 días. A razón. Conducir baixo os efectos do alcol, dando unha taxa de alcolemia catro veces superior á permitida.
Pero non só iso. Circulaba tamén sen o permiso de conducir en vixencia.
Xa que lle fora retirado con anterioridade por unha sentenza xudicial relacionada tamén cun delito contra a seguridade do tráfico.
Segundo informaron fontes da propia Garda Civil de Tráfico, os feitos tiveron lugar o pasado mércores, cando os axentes, pertencentes á unidade de vixilancia de condutores de risco, o sorprenderon ó volante, nun control rutineiro de estrada levado a cabo no municipio.











