O Salón do Libro cumpre a súa maioría de idade con máis de 300 actividades

Pontevedra> Dende o 10 de marzo ao 2 de abril Pontevedra celebrará a maioría de idade do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Unha cita terá lugar no Pazo da Cultura, e este ano como novidade, tamén haberá eventos no Recinto Feiral. Máis de 14 mil nenos pasarán por este salón e terá a oportunidade de adentrarse na literatura a través de diferentes actividades. Máis de 300 actividades encherán de contido Pontevedra coa décimo oitava edición do Salón do libro infantil e xuvenil que se celebrará do 10 de marzo ao 2 de abril. Máis de 50 centros escolares de toda a provincia e da Coruña colaboran con esta iniciativa. Onde ademais de moita literatura haberá 7 espectáculos. Con todo, máis de 14 mil nenos pasarán por este salón do libro de Pontevedra. Coa maioría de idade dende o concello falan con claridade dun proxecto asentando que comeza a abrir as súas raíces fora da cidade. Unha oportunidade única para que os nenos vexan o mundo da literatura dende diferentes puntos de vista. Xa o saben dende o 10 de marzo ao 2 de abril o Pazo da Cultura de Pontevedra e o Recinto Feiral acollerán esta décimo oitava edición do Salón, moita actividade temos por diante en Pontevedra… Poderán obter toda a información en www.salondolibro.org e www.pazodacultura.org {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/03/salon_libro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/03/salon_libro.mp4{/flowplayer}