Derbi en Pontevedra. Sábado 4 de marzo Cisne-Teucro

Pontevedra> Todo listo para que o pavillón Deportivo de Pontevedra acolla un novo derbi na cidade. Este sábado 4 de marzo ás 20:00 da tarde disputarase o CISNE – TEUCRO. Unha cita deportiva moi importante, onde tal e como dixeron esta mañá os presidentes e adestradores destes clubs, os dous equipos loitarán para levarse a vitoria. Pontevedra acollerá un importante derbi este sábado 4 de marzo ás 20:00 da tarde no pavillón deportivo, o CISNE – TEUCRO. Dende as directivas dos clubs e tamén os seus adestradores convidan a toda a cidadanía a desfrutar deste espectáculo do balonmán pontevedrés e galego. Unha oportunidade única de ver en directo a dous equipos grandes nun mesmo encontro. Dende a directiva do Cisne aconsellan que o público esté un pouquechiño antes no pavillóns, sobre as 19:30 porque antes do partido haberá unha serie de actividades . Un espectáculo único do que teñen a oportunidade de desfrutar este sábado 4 de marzo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/03/derbi_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/03/derbi.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí