Sanidade remodelará o Hospital Provincial

Pontevedra> O conselleiro de Sanidade falou da rehabilitación e futuro do Hospital Provincial de Pontevedra. Vázquez Almuíña ten claro que coa ampliación do Gran Montecelo, o Provincial pasará a ser un centro dependente de política social. O conselleiro dixo que o hospital converterase previsiblemente nunha residencia para maiores, e contará cunha actividade sanitaria inferior, do estilo a dun centro de saúde. Coa ampliación do Gran Montecelo dende a consellería de Sanidade cren que o Hospital Provincial sería un bo espazo para unha residencia de maiores, e deste modo pasaría así a depender de política social e contaría cun uso inferior de actividade sanitaria. En relación á rehabilitación do Provincial dende a consellería de Sanidade contemplan a eliminación de engadidos dos anos 70 e tamén o derrubamento dalgunha parte do Hospital. Co Plan xeral definirase o proxecto, Vázquez Almuíña ten claro que Pontevedra tardará así máis que outras cidades. O novo xerente da área Integrada de Pontevedra dixo que está comezando a dialogar co sector sanitario que lle toca dirixir, de momento, José Ramón Gómez Fernández dixo que está aterrando no seu novo posto de traballo. O novo xerente da área Integrada de Pontevedra aposta pola ampliación do Gran Montecelo, dixo que lle parece un proxecto importante, necesario e ambicioso para a capital de provincia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/03/provincial_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/03/provincial.mp4{/flowplayer}