Pontevedra> A Federación Galega de Fútbol inaugurou en Pontevedra a súa nova sede na cidade. As oficinas están situadas na rúa Luís Otero, preto do estadio de Pasarón. A partir de agora este espazo será a sede da Delegación de Pontevedra da Federación, da delegación territorial do Comité de Árbitros e da Mutualidade de futbolistas. Foi unha promesa de Louzán ao remate da pasada tempada e neste mes de marzo faise realidade. A Federación Galega de Fútbol inaugurou na fin de semana a súa nova sede en Pontevedra. Un espazo situado preto do estadio de Pasarón, na rúa Luís Otero, onte será a sede da Delegación de Pontevedra, a delegación territorial do Comité de Árbitros e da Mustualidade de futbolistas. Esta Delegación da Federación Galega de fútbol en Pontevedra prestará servizo ao Morrazo, a comarca de Pontevedra, de Caldas e de Salnés. Unha federación das máis antigas que conta con 85 anos de historia e 12 mil fichas na actualidade. O espazo onde está ubicada non estaban en venta pero o presidente desta entidade tiña claro que era o idóneo para a Federación. Un espazo pensado no traballo e formación de todos os profesionais vencellados co fútbol de Pontevedra. Esta é a primeira sede actualidade e modernizada que presentan dende a Federación. Unha sede que dará servizo e axuda a centos de profesionais do mundo do fútbol de Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/06/federacion_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/06/federacion_ponte.mp4{/flowplayer}
Inicio PONTEVEDRA