PONTEVEDRA> Pois, precisamente, o saneamento da ría e o Gran Montecelo son os dous grandes proxectos que acaparan boa parte dos fondos da Xunta en Pontevedra para o 2022. A principal partida vai para a ampliación do hospital, ao que o goberno galego destinará case 36 millóns o ano que vén. As obras, por certo, continúan avanzando. A escavación vai xa polo 85% e xa se perfila a nova estrutura das urxencias.
Aquí irán parar boa parte dos fondos da Xunta para o ano 2022 na cidade de Pontevedra. É o futuro Gran Montecelo, un proxecto para o que o goberno galego destinará o ano que vén nos seus orzamentos case 36 millóns de euros.
Ethel Vázquez deu conta desta partida para o Gran Montecelo nunha visita á obra, que continúa avanzando. Só queda por excavar o 15% do terreo e comezan a erguerse xa as futuras Urxencias.
O Gran Montecelo acapara boa parte dos investimentos da Xunta en Pontevedra, pero hai máis. Outra das prioridades, di Ethel Vázquez, ‘cuminar’ o saneamento da ría. A partida, de 14 millóns, dos que 9 van para o novo emisario submarino.
Outras das partidas, xa menores contemplan actuacións para mellora-la seguridade viaria en varios puntos da comarca. Entre eles, a estrada PO-546 en Estrivela, a contorna do CEIP de Xeve ou na PO-308 en Poio. Tamén partida para a variante de Alba, de medio millón de euros, malia que o proxecto esté de novo en fase de diálogo.
Ademais, destinarase outro millón e medio de euros para remata-la estación intermodal.