A Deputación aposta polo Plan Revitaliza

Pontevedra> O Plan Revitaliza foi un dos grandes protagonistas da xornada na Deputación. Neste día celebrouse o pleno extraordinario solicitado polo PP onde solicitaban, entre outras medidas, a paralización deste Plan. Unha iniciativa, que ao igual que o resto que demandaban os populares, se atopou cos votos en contra do PSOE, BNG e a Coalición Son, e polo tanto non saíu adiante ningún punto.

Esta mañá a Deputación de Pontevedra acolleu a celebración do pleno extraordinario, solicitado polo PP, con tres apartados. O primeiro, a paralización do Plan Compost Revitaliza, o segundo, a creación dunha comisión de alcaldes e alcaldesas da provincia na que se consensúe un proxecto de compostaxe provincial e por último iniciar unha auditoría que avalíe os resultados do plan compost.

Dende a Coalición Son dixeron que a celebración deste pleno era totalmente prescindible.

Dende o BNG non entenden como un plan que está sendo de referencia a nivel estatal e incluso europeo atópase con inimigos na súa propia casa.

E dende o PSOE dixeron que do que se deberían preocupar dende o PP e da política, inexistente, en Medio Ambiente que levan a cabo dende o Goberno Central e dende o Goberno da Xunta de Galicia.

Un pleno que finalmente quedou sentenciado coa aposta da maioría dos deputados polo Plan Revitaliza, o PP foi o único partido que votou a favor de cada un dos puntos deste pleno, co cal ningún dos mesmos saíu adiante ao atoparse coa negativa do BNG, PSOE e Son.