A Deputación financia ao 100% a mellora do acceso peonil a Combarro a través de Casalvito

POIO> A Deputación de Pontevedra investirá máis de 700.000 euros na recuperación da zona de Casalvito e O Padrón, no concello de Poio. O organismo provincial financirá estre proxecto a través do Plan Extra e o +Provincia. Ademais da mellora da mobilidade e a creación dunha plataforma única, renovaranse todos os servizos e soterrarase todo o cableado. Esta mañá, no arranque dos traballos visitou a zona o presidente da Deputación.

O Concello de Poio recibirá máis de 726.000 euros para este proxecto de recuperación das contornas tradicionais entre Casalvito e O Padrón. Son fondos que proceden da Deputación de Pontevedra, que asume deste xeito o 100% do custo do proxecto, con 545.000 euros do Plan Extra e 181.000 do +Provincia deste 2025. O proxecto contempla a renovación total desta contorna.

O proxecto contempla a mellora da seguridade viaria nesta zona, afectando á travesía de Casalvito, e ás rúas do Padrón e Cela. A actuación supón a renovación de todos os servizos, xunto coa creación dunha plataforma única.

Unha actuación que serve tamén de alternativa para acceder ao núcleo de Combarro polo que, ademais, discorre un treito da ruta do Padre Sarmiento.