Barro solicita á Xunta que axilide as axudas aos sectores económicos máis afectados

BARRO> A situación tamén preocupa no concello de Barro cos 27 casos activos. Os datos non son alarmantes pero dende o concello sons conscientes que a situación pode dispararse en calquera momento dada a situación que atravesa o área sanitaria.

Por elo dende o goberno local piden á xente responsabilidade e máximo cumprimento das normas sanitarias.

Ademais da situación sanitaria, dende o concello tamén mostran a súa preocupación pola crise económica. O pleno municipal aprobou unha moción conxunta do goberno e do Psoe na que solicitan á Xunta que axilice as axudas aos sectores económicos máis afectados.

Para o goberno local o ideal sería a creación dun fondo entre as administracións para poder axudar a eses sectores.

Pola súa parte o concello tomou medidas como dotar aos seus negocios dos materias que necesitaran para enfrontarse a covid e suspender durante os peches os impostos do lixo, xa que a vila non dispón doutros tributos municipais. Ademais tamén traballan na creación dunha guía local onde se mostren todos os negocios do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí