Comezan as obras no Gorgullón

Pontevedra> Hoxe comezaron as obras no Gorgullón. Uns traballos que darán continuidade ao camiño portugués ao seu paso pola cidade. Estas obras serán realizadas pola empresa EC Casas, contan cun orzamento de un millón 300 mil euros e con 8 meses de prazo de execución. O alcalde amosou nesta xornada a súa alegría polo inicio destes traballos tan necesarios para a Boa Vila.

Neste 4 de outubro comezaron as obras no Gorgullón uns traballos agardados e necesarios para a cidade segundo palabras do alcalde.

Esta obra do Gorgullón contará cun prazo de execución de 8 meses. Lores lembrou esta mañá que a empresa adxudicataria, EC Casas, incluíu melloras substanciais na súa oferta.

Trátase dunha obra que completa o camiño portugués ao seu paso pola capital de provincia.

Uns traballos que lembramos contan cun prazo de execución de 8 meses e cun investimento de 1 millón 300 mil euros.