O Concello de Pontevedra ofrécese a executar a Variante de Alba sempre que a Xunta a financie

PONTEVEDRA> Continúa o debate da Variante de Alba. O alcalde de Pontevedra ofreceu esta mañá unha nova posibilidade á Xunta de Galicia. Lores propón que sexa o Concello quen execute o proxecto e a administración autonómica quen o subvencione.

O Concello de Pontevedra constrúe a Variante de Alba e a Xunta de Galicia a financia. Esa foi a proposta realizada esta mañá por Miguel Anxo Fernández Lores. O alcalde ofreceu a posibilidade de asinar un convenio entre ambas administracións co obxectivo de levar a cabo, dunha vez por todas, este proxecto.

No caso de que a Xunta acepte, esta non sería a primeira vez que se chega a este acordo. Un exemplo, a rúa Josefina Arruti, que foi financiada polo Ministerio de Fomento pero executada polo Concello.

O alcalde está convencido de que detrás deste bloqueo no proxecto da variante non hai argumentos técnicos, senón máis ben, políticos.

Miguel Anxo Fernández Lores volveu a falar esta mañá da falta de lealdade política por parte da Xunta de Galicia pero, ao mesmo tempo, asegurou manter á esperanza de que este proxecto saia adiante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí