PONTEVEDRA>A concelleira do BNG de Pontevedra Carme da Silva deixa a política municipal para centrarse no seu papel no Senado. Así o anunciou esta mañá. Moi emocionada, Da Silva compareceu acompañada do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Marcha despois de máis de 20 anos formando parte da corporación municipal.
Máis de 20 anos despois da súa entrada no concello de Pontevedra, a edil do BNG Carme da Silva deixa a política municipal. Faino para centrarse no seu papel como Senadora. Hoxe fixo o anuncio moi emocionada, acompañada polo alcalde.
A súa traxectoria o concello comezou no 1995 na oposición. Xa no goberno, comezou como concelleira de Accesibilidade. Unha etapa que, asegura, foi a súa favorita.
Segundo Fernández Lores, Carme da Silva será agora a concelleira número 10 en Madrid. Confía no papel que desempeñará dende o Senado, velando polos intereses de Pontevedra. O que non está decidido, segundo o alcalde, é o nome de quen substituirá a da Silva no goberno.
Nas listas das últimas eleccións municipais, quen ocupaba o seguinte posto era Carme Fouces. A renuncia de Carme da Silva á súa acta formalizarase no pleno do mes de abril. Quen a substitúa tomará posesión no de xaneiro.











