Carmela Silva agradece o traballo que realizan dende a Garda Civil

Pontevedra> A presidenta da Deputación visitou esta mañá as instalación do cuartel da Garda Civil en Pontevedra. Silva destacou a labor que dende este corpo se presta na provincia. A presidenta tamén fixo fincapé no investimento que nese espazo realizaron dende o Goberno de Louzán e lembrou os 150 mil euros que a Deputación investirá en obras de mellora para o cuartel de Cambados. Esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra visitou as instalación do cuartel da Garda Civil de Pontevedra. Unha visita onde Carmela Silva incidiu no investimento que a deputación de Louzán realizou neste espazo e lembrou os 150 mil euros que a deputación actual investirá nas obras de mellora das instalacións do cuartel da Garda Civil en Cambados. En relación a novas demandas o coronel xefe dixo que a comandancia non ten carencias a día de hoxe pero pediu que dentro das posibilidades a colaboración entre a Deputación e a Garda Civil se amplíe en anos sucesivos. En relación a unha posible ampliación da comandancia pontevedresa, o coronel xefe, explicou que existe un ofrecemento dos donos da arenera lindeira e que agarda que agora eses terreos revertan ao Estado a cambio dunha contraprestación económica. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/09/visita_carmela_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/09/visita_carmela.mp4{/flowplayer}