Sondeaquí chega a Pontevedra para descubrir novos artistas locais

PONTEVEDRA> Pontevedra puxo hoxe en marcha o programa Sondeaquí. Un ciclo de concertos enmarcado nas Festas de Verán que permitirá coñecer novos artistas e grupos da cidade. O evento desenvolverase ao longo de toda a fin de semana en diferentes prazas da vila.

As prazas de Pontevedra converteranse esta fin de semana nos diferentes escenarios do evento Sondeaquí. Un ciclo de concertos que arrancou esta mañá e co que se pretende dar a coñecer novos talentos da cidade.

Os Xardíns da Parda, a Praza de Barcelos e a Praza de España, eses son os tres lugares elixidos para acoller os concertos de Sondeaquí. Un dos primeiros artistas en subirse ao escenario foi Queco Lago.

Co obxectivo de garantir a seguridade de toda a cidadanía, o goberno municipal levará a cabo un estrito protocolo en cada un dos espazos.

Por Sondeaquí pasarán artistas como Jacobo Sainz, Chroma, Denova ou Calle del Ruído. O evento pecharase o domingo ás 22:00 horas coa actuación do Cadelo Lunático na Praza de Barcelos e o concerto de Javier Lago na Praza de España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí